Martynez
Estilo/s: Rock
Representante: Gael García Cochón
Enderezo:
E-mail:
info@martynez.net
Páxina web:
http://www.martynez.net
Martynez fórmase en Vigo en 2008 integrado por antigos compoñentes de bandas de recoñecido prestixio como Kannon, Medusa ou Gardening. O conxunto editou un primeiro traballo en formato EP a principios de 2009 e actuou compartiu escenario con formacións como The Mary Onettes ou La Habitación Roja.
Actualmente, a banda está preparando a grabación do seu primeiro cedé que presentarán en directo desde xaneiro de 2010.
Martynez é unha aposta decidida polo rock de guitarras potentes e riffs, contundencia rítmica e melodías directas. A crítica destaca a seguridade coa que o grupo defende unha proposta "compacta e potente" destacando a interpretación e empaque sonoro propio de grupos como The Killers, Foo Fighters, Queens Of The Stone Age, The Hives o Mando Diao. Unhas referencias totalmente válidas para facerse unha idea do que os asistentes os seus concertos pódense atopar.
Cabe destacar que o grupo presenta os seus temas en formato acústico cando as condicións da sala así o requiren. O set acústico recibiu tamén excelentes críticas, ao tratarse dunha proposta igual de directa, pero que aproveita os matices e a complicidade que permite este formato.