Caraba
Estilo/s: Outros - Pop/rock/funky
Representante: Nicolás de la Flor Julián
Enderezo: Avenida da Florida nº 33 (Herboristería)
E-mail:
nicofonte@gmail.com
Páxina web:
http://www.myspace.com/carabarock
Caraba nace coma un proxecto musical, co fin de crear boas cancións, e transmitilas no seu máximo expoñente ao público de cara ao directo.
Greñas, batería; Xermán, guitarra e voz e Nico baixista comezan a tocar xuntos en agosto de 2008, versionando aos seus grupos favoritos e pronto comezan a xurdir os seus propios temas. En setembro do 2008 dáse a posibilidade de gravar 4 temas en Pontevedra, constituíndo polo tanto, a súa primeira maqueta, A partir de entón elaboran unha ruta de concertos por Vigo, recorrendo lugares coma La Radio, El Ensanche, Sala Mondo, etc.
Xa no 2009, observando unha progresión tanto a nivel musical como en escena, deciden presentarse aos premios EISVmusic 09 en febreiro, conseguindo o segundo premio tras tocar na final levada a cabo na coñecida Sala A!. Xa en marzo comezan a tocar en cidades cercanas coma A Coruña, acompañando a Samuel Leví na súa xira "Kit de Salvamento" (Premio Injuve 09" ao mellor cantautor menor de trinta anos). Tamén acompañan ao grupo madrileño Sidecars (premio da música ao mellor álbum de rock alternativo 2009) na sala Capitol en Santiago.
En xuño deciden finalizar os seus concertos por Vigo para dedicarse unicamente ao ensaio da súa nova gravación a partir de setembro. Polo pronto, pretenden presentar as súas novas cancións polas salas galegas, unha vez rematado o LP.
Caraba pretende mostrar ao público unha nova concepción da música dende a súa visión xuvenil. Tratan de superarse en cada concerto, facendo de cada un un espectáculo ofrecido pola suma da súa riqueza musical e máis a súa posta en escena.
O seu obxetivo baséase en divertir ao público facendo que desconecten durante unha hora de concerto de todas as preocupacións cotiás e, desta maneira, conseguen divertirse e divertir.
No terreo musical, mezclan elementos do pop das últimas tres décadas, o funk da Motown e mostran unha clara evolución do rock dende os anos 50 ata o día de hoxe. Non lles gusta etiquetarse, nin mostrar influencias directas, xa que apostan por un son propio e intimista. O seu son cada vez é máis maduro, coidando mellor as harmonías dos temas, e tratando de acoplalas 100% as melodías. Guitarras potentes, baixos contundentes, batería ruda, e un dóce saxo redondeando a cadratura do círculo.
En canto a temática das súas letras, o que perseguen é transmitir vivencias ocorridas cunha parte abstracta e outra real, expostas dende un punto de vista xuvenil e valéndose en ocasións de metáforas e subduccións arredor do tema central.