programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
mes anteriorsetembro 2010mes seguinte
LMMeXVSD
    
1
2
 
 
6
7
8
12
 
 
13
14
15
 
 
20
21
22
24
 
 
27
28
29
    

Les Trois de Cora

Datos do grupo

Les Trois de Cora
Estilo/s: Electrónica - Chanson française, jazz, blues, clásica

Representante: Coralie Yap-chine
Enderezo: Tr. Escultor Asorey, 2-1

E-mail: korrally@gmail.com
Páxina web: http://www.myspace.com/lestroisdecora

Grupo compostelán nado no ano 2009. Creación da nosa páxina web (25 maio de 2009) Gravación rematada dunha maqueta de 8 temas (verán 2009)

Músicos:

Coralie Yap-Chine (voz)

Profesora de canto nas escolas de música “A Escola da Vaca” de Ferrol e “Drops” de Santiago de Compostela. Corista solista do Coro da Rá, dirixido por Ramón Bermejo en Estudio Escola. Alumna de canto, harmonía, piano e interpretación en Estudio Escola. Alumna de canto con Véronique Murillo na escola “Y’a d’la voix” (París). Alumna da "Aula de Teatro da USC" cos directores Roberto Leal, Quique Cadaval e coa empresa Kachet. Músico convidado no Ciclo de Voces Femeninas do Verbum Jazz Café. Voz solista nos conxuntos COdA. e Hot Kawa Club e colaboración nos grupos The Sweat! e Bágoas da Terra. Gravación do disco “COdA.” (Fase Cuatro: El Arte del Grito), Roger de Flor, etc. Actriz na compañía teatral Tolemia ("Unha merenda de tolos" 2010)

Olivier Cano Carteret (frauta, saxo)

Mestre de frauta dende 1999 nas escolas de música “Allegro Cantabile” de A Coruña, “A Escola da Vaca” de Ferrol, e nas escolas municipais de Santiago de Compostela, Sigüeiro e Valdoviño. Licenciado en música na especialidade frauta traveseira polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Alumno de harmonía, improvisación e saxo en Estudio Escola de Santiago de Compostela. Alumno do conservatorio Erik Satie de París nas asignaturas de frauta traversa, análise e música de cámara; do frautista Vicens Prats e do pianista Vincent Bourgeix. Seminario Internacional de Jazz de Zarautz. Taller de Jazz no “Institut des Arts et Cultures de Paris” (I.A.C.P). Grabacións, coma músico de estudio, nos discos Octubre e Miguel Angel, Etiqueta Negra (Runa Records), Loretta Martin (Falcatruada) e One Two (Fine Record). Membro de diferentes conxuntos: The Sweat!, Hot Kawa Club, A Matraca Perversa, A Magnifique Bande dos homes sen medo, Xavier Mugardos, Os tres Trebóns, UCO, Trío delaKoru, etc.

Alexandre Salgueiro (piano, frauta, bases)

Profesor de frauta no conservatorio profesional da Estrada. Compositor de bandas sonoras para programas televisivos e documentais, coma “Maruxa Mallo”. Licenciado en música na especialidade frauta traveseira polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Alumno en armonía e piano en Estudio Escola de Santiago de Compostela. Curso de gravación no estudio "Phonos" de A Estrada. Membro de diferentes conxuntos de música de cámara, orquestas, jazz, rock e mestizaxe: A Matraca Perversa, A Magnifique Bande dos homes sen medo, Galegoz, Sacha na Horta, Banda da Estrada, etc.

♪ Entrevista radiofónica para a cadena Radio Obradoiro
♪ Entrevista televisiva para "Miraxes" en TVG
♪ Concerto radiofónico en "Zapping" para a cadena SER
- Masquer le texte des messages précédents -
 
♪ Concertos ata a data:

11 feb 2010 - Capela do C.C. Torrente Ballester
Ferrol
06 feb 2010 - La Galeria Jazz

Vigo
05 feb 2010 - El Contrabajo
Vigo

16 dic 2009 - A Borriquita de Belén 
Santiago de Compostela
19 nov 2009 - Malas Pécoras 
Santiago de Compostela
13 nov 2009 - El Garufa 
A Coruña
27 oct 2009 - El Ultramarinos 
Santiago de Compostela
11 oct 2009 - Sala Clavicémbalo 
Lugo
23 ago 2009 - FEITO A MAN, FESTIVAL DOS ABRAZOS
Santiago de Compostela
10 ago 2009 - FEITO A MAN, FESTIVAL DOS ABRAZOS
Santiago de Compostela
31 mai 2009 - A Calderería 
Santiago de Compostela
19 abr 2009 - A Calderería 
Santiago de Compostela
8 mar - A Calderería 
Santiago de Compostela
01 feb 2009 - A Calderería
Santiago de Compostela


♪ Próximos concertos:
12 mar 2010

El Garufa A Coruña
20 mar 2010

Café Cultural Roi Xordo Allariz
16 abr 2010

A Fundación Melide
22 mai 2010

Clavicémbalo Lugo
27 mai 2010

Ache Marin
11 xun 2010

Jazz Vides A Coruña


 A crítica acerca de Les Trois de Cora
 
♪ La Voz de Galicia, "A pie de calle: Coralie Yap-Chine, voz de Les Trois de Cora", 23.08.2009
 (http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/08/23/0003_7924082.htm).
♪ El Correo Gallego, "Vanguardia: El grupo Les Trois de Cora", 09.08.2009

O noso espectáculo “Les Trois de Cora: de Belleville à Pigalle” propón unha viaxe polo tempo e polo espazo. Constrúese fundamentalmente sobre a fusión entre música e teatro. E unha boa oportunidade para o público de achergarse por unha banda á chanson française e aos seus artistas máis representativos, así como de coñecer anécdotas curiosas sobre os barrios da Cidade das Luces. O repertorio é unha selección de catorce cancións compostas dende a primeira metade ata os anos 2000 do século XX e versionadas nun estilo máis novo, así como de temas propios. Mesturamos tamén a chanson française coa música clásica, e unha interpretación acústica con bases electrónicas.

Galicia móvese - Galiciantunes - Clubtura - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións