programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
xaneiro 2010mes seguinte
LMMeXVSD
        
1
2
3
 
 
4
6
7
10
 
 
11
12
13
17
 
 
18
24
 
 
25
 

Los Mecánicos

Datos do grupo

Los Mecánicos
Estilo/s: Pop - Homenaxe aos anos 60

Representante: Fernando Esclusa García
Enderezo: San Andrés, 51 - 3º

E-mail: fernando@wonderland.es
Páxina web: http://www.myspace.com/losmecanicos

Fernando Esclusa (Guru Deva), Fran Castro (ex Strauss, Mr. Dixie Jazz Band) e Fernando Lamas (Lovely Luna, Mr Dixie Jazz Band) proxectan as súas obsesions musicais cara á década dos anos sesenta.

Este mesmo ano renovaron a formación á que antes perteñecían José M. Martínez "Bonham" (ex Deluxe, The Majestics) e Tito Peta (ex Los Ritmanmuchos, El Local de las Moscas). Estos mozos, pero xa veteranos músicos de jazz xuntáronse co sano obxetivo de reverenciar tan inmenso legado do pop-rock anglosaxón de formacións tan extraordinarias como The Beatles, The Kinks o Small Faces que se misturarán de manera explosiva co variado cóctel de artistas tan botados de menos no rock hispano como Los Salvajes, Los Bravos, Fórmula V ou Los Brincos. Un espectáculo que non podes perder.

Este trío de mozos, aínda que sobradamente experimentados músicos herculinos, repasarán nunha hora e media de concerto algúns dos momentos máis increíbles da década por excelencia do pop inglés, americano, español e galego. Ninguén debería perderse tan entrañable ocasión, e de paso, aprender algo do pasado, sen o cal, é imposible coñecer o futuro que nos espera.

 

www.myspace.com/losmecanicos

www.wonderland.es  

Tres mozos e empedernidos rockeiros, ao mesmo tempo que veteranos músicos, darán en dúas horas de concerto un espectáculo inesquecible e cunha boa posta en escena como se foran músicos dos anos 60. O seu pasado musical (Guru Deva, Strauss, Lovely Luna, Inspector Clousseau) avalan a dose de bo pop clásico, consistente en versións da música popular inglesa, estadounidense, galega e española dos anos 60. Algo que non se pode perder para así obter un pouco máis da memoria histórica, tan de moda nos últimos tempos.

 

www.myspace.com/losmecanicos

www.wonderland.es   

Galicia móvese - Galiciantunes - Clubtura - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións