programación: Carlos Humberto Díaz Pérez

Buscador

Localidade
Sala
Grupo
mes anterioragosto 2008mes seguinte
LMMeXVSD
        
1
2
3
 
 
4
5
6
7
8
9
10
 
 
11
12
13
14
15
16
17
 
 
18
19
20
21
22
23
24
 
 
25
26
27
28
29
30
31
 

Rede Galega de Música ao Vivo

A música é unha das liñas de atención preferente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), que en 2007 pon en marcha a Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) en colaboración con Clubtura, asociación de salas galegas de música en directo.

O obxectivo desta programación, que no seu primeiro ano de actividade ofreceu preto de 800 concertos a cargo duns 70 grupos en 49 salas de toda Galicia, é lograr a consolidación dun circuíto musical estable que sirva como plataforma de promoción para bandas e artistas de todos os estilos e contribúa a optimizar a súa presenza no territorio galego.

A RGMV representa tamén a materialización dunha liña de actuación longamente demandada polos programadores dos locais que ofrecen música en directo, ao tempo que dota dunha estrutura de distribución sistematizada o sector musical, á que poden acceder tanto formacións emerxentes como outras máis consolidadas.

O proceso de configuración da programación anual da Rede Galega de Música ao Vivo comeza coa apertura dun período de inscrición para os grupos interesados en participar nela, tras o cal cada sala presenta unha proposta de axenda cun mínimo de 8 bandas ou solistas, dos que cando menos un 75% debe corresponder a formacións galegas. Así mesmo, para que un grupo ou solista sexa contratado, necesita ter pechado un mínimo de concertos anuais dentro da programación global.

Dende 2008, a programación da Rede Galega de Música ao Vivo leva o nome de Carlos Humberto Díaz Pérez, en recoñecemento e memoria a un dos impulsores e artífices deste proxecto de difusión musical.

Culturavai.info - Galiciantunes - clubtura.org - Centro Dramático Galego - Axenda - Centro Coreográfico Galego - Axenda - Buzón de suxestións